Nota informativa do Alcalde de Castrelo de Miño

O Alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos fainos chegar a seguinte nota Informativa:

Avelino Pazos Pérez, en calidade de Alcalde do Concello de Castrelo de Miño,

AVANTAR ACTIVIDADES

En relación á sentencia do Xulgado de Instrucción nº1 de Ribadavia, pola que se me condena provisionalmente como autor dun delito leve de ameazas a 30 días de multa, a razón de 7 euros cada día, fago as seguíntes consideracións:

Primeira.- A sentenza, non é firme, está recurrida na Audiencia Provincial de Ourense por  discrepar totalmente coa mesma ao dar como probados uns feitos que non sucederon realmente, tal e como veñen recollidos, en especial, que eu amenazara á persoa en cuestión con facerlle algún mal, con esa interpretación, calquera discusión constituiría delito.

Nin amenazei ni lle desexo mal algún á persoa que me acusou que, como dixo no xuicio, “estaba tranquilo, coas mans nos bolsillos…”

Segundo.- Levo sufrindo durante máis de 6 meses todo tipo insultos, provocacións, memes, facéndollos chegar incluso ao meu pai e a demáis familia, resignándome para evitar calquera conflicto.

Proba delo é que na mesma sentenza afirma a Xuíz, en referencia a miña persoa, que: “desde hace meses está sufriendo faltas de respeto en redes sociales del denunciante, y aportó como prueba de autos, unas publicaciones de Facebook que exhibidas al denunciante éste reconoció su autoría; a la vista de dichas publicaciones, éstas van más allá de la crítica política, revistiendo un tono burlesco, soez y rayano al mal gusto, por lo que debe indicarse que dichas publicaciones en redes sociales y con difusión pública, no se han efectuado como sostiene el denunciante en su denuncia ante la Guardia Civil “con respeto……puesto que la respuesta jurídica a unas en su caso, presuntas injurias no son unas amenazas como vía de hecho, sino una querella ante la jurisdicción penal….”

Por este motivo valoro a posibilidade de presentar unha querella penal por inxurias hacia a miña persoa, xa que esta situación de acoso é insostible, dificultando a miña xestión como Alcalde de Castrelo de Miño.

Que os veciños non teñan dúbida algunha que vou a seguir traballando, si cabe, con máis ilusión, polo seu benestar e mellora do Concello.