As axudas do concello de Ribadavia poden solicitarse nun prazo de 15 días

A corporación do concello de Ribadavia aprobou as bases reguladoras da convocatoria do Programa de subvencións de reactivación económica e social, destinadas a autónomos, pemes e viticultores. A contía destinada pola administración será de 30.000 euros e as bases completas poden consultarse na páxina web do concello de Ribadavia.

Publicidade

O prazo de presentación será de quince días hábiles dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, realizada na xornada de hoxe. As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia ou de forma presencial a través do rexistro do Concello de Ribadavia.