O helicóptero medicalizado socorre a un ciclista que cae e perde a consciencia

Un home precisou ser evacuado en helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída nunha pista forestal no concello do Carballiño.

Publicidade

Foi un particular o que deu o aviso ó servizo do 112, ás seis e media da tarde. A persoa que realizou a chamada requería asistencia sanitaria para un home que acababa de caer da súa bicicleta, no medio do monte, e perder a consciencia no golpe.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 alertaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos Bombeiros e membros do Grupo Municipal de Emerxencias e ao 061. Para atender ó ferido foi necesaria a actuación do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que se desprazou ó lugar, ubicado entre Cimadevila e Fonteantiga.