Coa actuación de Dar Trela deste sábado en Maside, deu comezo unha semana de programación cultural con motivo das festas patronais do San Vitorio. A actuación do grupo teatral amateur do Carballiño foi todo un éxito de asistencia e de participación.
Minutos antes de comezar a actuación, Clara Vázquez e Rubén Martínez, compoñentes de Dar Trela, adiantabanos o contido do espectáculo e as próximas representacións
Hoxe comezan tres xornadas de cine no concello que comezan coa proxección, neste intre, da película “Angry Birds 2” na Praza Maior, mañá martes ás 21:30h tamén, proxectarase o filme “Padre no hay más que uno 2”; e o mércores pechase o ciclo de cine ao aire libre coa película “Spiderman-Lejos de casa”.
Este xoves e o venres, terán lugar as celebracións relixiosas, a música tradicional con animación de rúa e o concerto de The Impossiblues. Así no lo contaba o alcalde de maside, jose manuel iglesias
A carreira popular e andaina de Maside tivo que ser cancelada pero o alcalde avanza que é unha suspensión e que se celebrará cando a situación sanitaria o permita.