A parrillada Casa Xulia sufre un intento de roubo na pasada madrugada

Ás 00:55 horas da madrugada de onte, a Parrillada Casa Xulia sufriu un intento de roubo. A Policía Local foi alertada por teléfono e cando se aproximaban ó lugar dos feitos, percatáronse dun vehículo estacionado próximo ó lugar. No lugar dos feitos, a zona do bar, atopáronse o cristal da porta roto, unha ventá aberta e unha persiana forzada, polo que determinaron que a persoa que accedeu aplicou forza.

Publicidade

Mentres os axentes se atopaban inspeccionando o local, sentiron que se acendía o motor dun vehículo e seguírondo, presupondo que se trataba da persoa que forzara a entrada. Mentres o presunto ladrón se dispoñía a escapar do lugar no seu vehículo, a Garda Civil cruzouse con el, e ó recoñecer a matrícula, investigada xa por outros casos, perseguírono, aínda que sen éxito de alcanzalo. As autoridades policiais identificaron ó presunto ladrón como un home de etnia xitana. Os feitos saldáronse sen apenas incidentes, xa que non conseguiron subtraer diñeiro.