Hoxe comezaron as lanzadeiras de emprego en seis cidades galegas

Hoxe comezaron as lanzadeiras de emprego en Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. O programa de orientación laboral é gratuito e nel están participando un total de 174 persoas ( 116 mulleres e 58 homes) de entre os 18 e os 60 anos en situación de desemprego, con independencia dos seus niveis de estudos e experiencia. O obxectivo desta iniciativa consiste en guiar a persoas en situación de desemprego para reactivar a súa busca de traballo mediante a formación en novas técnicas e ferramentas, co fin de que reforcen as súas competencias transversais e dixitais para adaptalas ás demandas do mercado laboral.

O programa está deseñado en formato mixto, no que se asistirá a sesións virtuais e presenciais, con todas as medidas de seguridade. Durante a formación contará co apoio e o asesoramento de técnicos especializados.

AVANTAR ACTIVIDADES