Muíños acolle do 31 de xullo ao 6 de agosto unha nova edición do campamento de formación musical “Music Camp”

O complexo do Corgo, en Muíños, acollerá este verán a quinta edición do campamento xuvenil “Music Camp”, organizado por La Casa de la Música e patrocinado pola Deputación de Ourense e o Concello de Muíños. A iniciativa, baseada nun programa de formación musical e de ocio, terá lugar entre o 31 de xullo e o 6 de agosto. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e o director de La Casa de la Música, Fernando Calvo, repasaron os detalles dun campamento deseñado para rapaces de entre 13 e 17 anos “con algunha experiencia musical demostrable”, segundo explican dende a organización. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Formación musical e actividades de ocio

O piar fundamental do campamento é, explican dende a organización, a música. “Como en 2022, nesta edición nos centraremos no aspecto de tocar en directo, que é o que á maioría dos rapaces máis lles motiva e onde habitualmente teñen menos experiencia. Para elo organizaremos bandas, dúos, solistas… Mediante ensaios diarios prepararemos o festival que se celebrará na tarde-noite do sábado 6 de agosto”. A programación tamén inclúe clases de bailes en grupo e ensaios de coreografías. 

O “Music Camp” tamén ofrece kaiak, piragüismo e outras actividades acuáticas, ademais de veladas diarias, xogos nocturnos, festas de disfraces ou campionatos. 

A V edición do “Music Camp” conta con 50 prazas. Inscricións e máis información na web www.lacasadelamusica.es ou no teléfono 647 041 924.