Fotografía Ana Iglesias

IES CHAMOSO LAMAS

Acaba de abrirse no concello do Carballiño, dentro do programa do Arenteiro Fotográfico que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, a mostra de Ana Iglesias titulada “La vida en un monasterio S. XVIII”.

Trátase dunha serie de 16 fotografías coas que a autora pretende introducirnos no mundo que habita dentro dos muros dun mosteiro: “Rezos, fogóns, botica, planchadoras, biblioteca, clases, fabricación de velas, enfermería, oracións, cánticos…”

OZOCOgz Deseño Galego

Son imaxes dunha beleza excepcional que describen o “micromundo dun mosteiro, dominado polas súas reglas e nas que impera o silencio, cuxa máxima autoridade é a Abadesa”.

As fotografías que reflicten “o transcurso de cada día cunha perfecta e sincronzada organización desde o alba ata o anoitecer”.