O subdelegado do Goberno en Ourense recibe ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Daniel Minimalia resultou gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbum instrumental, converténdose no primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Emilio González destacou que o músico ourensán está considerado como un dos referentes mundiais da guitarra e da composición

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibiu esta mañá no seu despacho ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbum instrumental polo seu traballo “Terra” e do Hollywood Music in Media Awards 2021 á mellor canción de pop/rock latino por “Flor de Leyenda”, un tema do mesmo álbum.

Durante o encontro Emilio González transmitiulle os parabéns no nome do Goberno de España e no seu propio e mostrou a súa “enorme satisfacción” por poder felicitar, tanto como ourensán como en calidade de subdelegado, “ao primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino e o primeiro español en ter dous Hollywood Music in Media Awards”.

O subdelegado do Goberno destacou a traxectoria profesional de Daniel Minimalia, autor de cinco álbums e gañador dun Grammy Latino, dous Hollywood Music in Media Awards e unha medalla de prata nos Global Music Awards, salientando que o músico e compositor ourensán “está considerado actualmente como un dos referentes mundiais da guitarra e da composición”.

Por último, González Afonso agradeceulle a súa contribución cultural e desexoulle unha “longa carreira profesional colmada de éxitos”.