Ourense incrementa a presión en coidados intensivos, con sete persoas na UCI

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 105 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.763, o que amosa que as altas desta xornada fixeron baixar os casos activos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 37 (+4) persoas na UCI, e 161 (-5) ingresados nos hospitais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada repite o patrón de onte, con incremento moderado de casos. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 9 casos, con respecto ó pasado venres, ata os 235 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un incremento. Contamos con 14 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+2) na UCI.