Ourense segue medrando a presión de coidados intensivos con dez persoas ingresadas

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 226 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.939, o que amosa un leve repunte de apenas  un centenar de casos activos novos. A presión asistencial aumenta lixeiramente. Hoxe hai 43 (+2) persoas na UCI, e 156 (-7) ingresados nos hospitais.

Publicidade

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte, recordando cifras de febreiro. Hoxe hai 16 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 2 casos, con respecto á xornada de onte, ata os 263 casos totais, cun balance positivo tras días de subida. Os hospitais presentan hoxe preocupación nos coidados intensivos, que seguen medrando en ocupación de camas. Contamos con 17 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 10 (+1) na UCI.