Pablo Arangüena: “o PP de Galicia actúa como Vox ao querer expulsar a demócratas das institucións de Ourense para perpetuar o caciquismo dos Baltar”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicesecretario xeral do PSdeG subliña que “é un auténtico escándalo antidemocrático que Feijóo e Baltar queiran expulsar da política a quen gañou as eleccións en Ourense”

O vicesecretario xeral e voceiro do PSdeG, Pablo Arangüena, censurou hoxe o comportamento do PP de Galicia que “actúa como Vox, querendo expulsar aos demócratas das institucións de Ourense” co único obxectivo de “perpetuar o caciquismo dos Baltar” á fronte da deputación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así o dixo logo de que o PP reclame a Rafael Rodríguez Villarino, o candidato máis votado nas pasadas eleccións municipais en Ourense, que dimita como concelleiro e como voceiro socialista na Deputación como condición indispensable para negociar unha moción de censura.

“É un auténtico escándalo antidemocrático que Feijóo e Baltar queiran expulsar da política a quen gañou as eleccións en Ourense”, sentenciou Arangüena, crítico con que o PP non acepte “a xenerosidade” amosada polo líder socialista en Ourense ao anunciar que se retiraba da carreira pola alcaldía para favorecer o acordo.

Fronte a isto, o vicesecretario xeral do PSdeG deixou claro que se alguén ten que dar un paso atrás son os responsables de colocar “un alcalde letal” e de “décadas de nepotismo e caciquismo na provincia”. Por tanto, remarcou, “o PP ten que pedir perdón polo dano que leva feito a Ourense” e poñer xa unha firma para a moción de censura.

Do contrario, subliñou o portavoz socialista, o PP de Feijóo e Baltar “quedará retratado”. “Jácome é alcalde grazas aos votos do PP e seguirá mantendo á cidade no caos e na inacción durante os próximos dous anos grazas ao PP”, evidenciou.