Ourense mantén a preocupación nas UCI con once persoas ingresadas

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 194 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.113, o que amosa un leve descenso de apenas unha decena de casos, estabilizando o crecemento. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 49 (+5) persoas na UCI, e 165 (-9) ingresados nos hospitais.

Publicidade

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un descenso. Hoxe hai 18 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra suba con respecto a onte en 7 mais, ata os 271 casos totais. Os hospitais presentan hoxe estabilidade, aínda que as cifras presentan preocupación en intensivos. Contamos con 20 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 11 (=) na UCI.