Comunicado BNG Castrelo de Miño

O BNG de Castrelo de Miño lamenta o contaxio por COVID19 de 9 dos 10 residentes da vivenda comunitaria do noso concello. Deséxalles  aos  mesmos  unha  pronta  recuperación, así  como todo o ánimo e agarimo aos familiares afectados e aos traballadores do centro.

Publicidade

Estamos abraiados, de como no día que se producen tales acontecementos, o ilexítimo alcalde venda nos medios de comunicación que van adoquinar os exteriores da vivenda, despois do arranxo do tellado… A vivenda comunitaria non está para porse medallas entre gobernos do PP, está para XESTIONALA! O ilexítimo e a concelleira de servizos sociais onde andan ademais de sacarse fotos??

Dende o grupo nacionalista de Castrelo de Miño, pediremos as explicacións oportunas, para informar aos veciños de:

Cumpríronse todos os protocolos marcados por sanidade e política social? Fixéronse todas as probas correctamente e a tempo, aos usuarios e traballadores?

Existe un plan de continxencia e estase a cumprir? Formouse aos traballadores na boa utilización dos recursos?

Atendeu o concello todas as peticións demandadas polos servizos sociais?

Estamos ante un dos maiores gromos de COVID dado nunha vivenda comunitaria. Temos numerosos casos positivos no servizo de axuda no fogar, onde se están quitando horas de prestación, recortando en material de protección. Se se dedican todos os recursos municipais a desbrozar e asfaltar, deteriórase o resto de servizos municipais con consecuencias coma esta.

Os usuarios da vivenda municipal, foron traslados a un centro integrado de Compostela, e solicitámoslle ao ilexítimo que lle traslade a Política Social que non volvan cometer o mesmo erro que fixeron na Fonsagrada, onde trasladaron a usuarios dunha vivenda comunitaria ao Carballiño, lonxe dos seus familiares e sen que estes puideran ter información precisa e diaria seu estado, coas consecuencias que isto conleva de cara ao benestar psico-social de usuarios e familiares.