O Arenteiro xoga este domingo no campo Anxo Carro, fronte ó Polvorín

Este próximo domingo, día 2 de maio, o Arenteiro volve ó céspede logo da celebración. Aínda que xa contan co pase de ascenso, os verdes afrontarán os dous partidos que quedan dos seis que forman o Playoff de Ascenso. Neste caso enfróntanse ó Polvorín, no campo lucense Anxo Carro, ás 17:00 horas. O Polvorín é o terceiro en discordia na carreira polo ascenso, pero os resultados da pasada semana deixárono fora de xogo.

Publicidade