As aglomeracións nun bar de copas marcan as incidencias da pasada fin de semana

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta fin de semana, a Policía Local destaca as actuacións de control sobre o servizo de ceas dos locais de hostalaría. As medidas vixentes so permiten que abran ata ás 23:00 horas os locais que teñan licenza de restaurante. Aseguran que aínda se topan con incumprimentos deste tipo.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, esta fin de semana producíronse numerosas queixas cidadás pola apertura dun local de copas en horario de tarde. A situación ocasionou aglomeracións na entrada a dito establecemento, no que se puido ver a xente sen gardar a distancia, consumindo alcohol na rúa e sen máscara. A Policía Local asegura que a problemática radica na falla de tramitación
desas denuncias.

Outro dos problemas que reseñan as forzas de seguridade é a falla de recursos de persoal, que lles impide poder ser efectivos en situacións coma esta.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------