Galicia contén a cuarta onda da covid cunha fin de semana de descenso de casos activos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 86 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.030, o que amosa un leve descenso tanto nos casos totais coma na tendencia, que se presenta á baixa nesta fin de semana. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 50 (+1) persoas na UCI, e 164 (-1) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a fin de semana tamén amosa unha contención na evolución da pandemia. Hoxe hai 5 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 5 mais, ata os 266 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un descenso. Contamos con 18 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES