Esta é unha das accións próximas que prepara esta concellería en colaboración co comunal de Longoseiros. Trátase dunha actuación necesaria, xa que os piñeiros queimados ameazan con derrubarse e obstaculizar o paso pola estrada. Comezarán pola saída de Astureses con esta limpeza, evitando así que poidan causar danos no cableado ou que, en caso de incendio, deixen sen acorralados ós veciños da zona.
Por outra banda, dende medio rural están a acometer o acondicionamento dos bancos en mal estado da vila, de xeito que, os que peor se atopan, son trasladados á nave municipal no polígono para ser restaurados. Prevén facer esto con todos eles durante o inverno.