O BNG acusa ó alcalde de Castrelo de increpar e amezar a un militante da formación

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

Dende o BNG de Castrelo de Miño, denuncian ó alcalde de Castrelo de Miño por encararse e ameazar a un militante do Bloque e exconcelleiro do anterior goberno do BNG. Os feitos, aseguran,  ocorreron o domingo 27 de decembro na feira mensual do concello. Relatan que sucedeu cando o exconcelleiro paseaba pola feira coa súa familia, e o alcalde, segundo afirman cruzou a feira para increpar, encarar e ameazar ao militante do bloque para sorpresa do mesmo e dos veciños que estaban alí naquel momento. Dende o BNG consideran penosa esta situación e alegan que ser alcalde dun Concello é ser a máxima representación do mesmo. Consideran que o alcalde amosou a carencia de valores e de educación que ten para ocupar un posto político, e para representar ao pobo e á xente.