Ábrese o prazo de inscripción para o Concilia “Familias Tardías” de Piñor

Trátase dunha medida de conciliación da vida familiar e laboral que será gratuita para todas as familias. Este servizo finánciase integramente pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

Atenderá ós cativos dende a saída do colexio ata as 19:30h, de luns a venres no Centro Social (Albarona). Os participantes poderán cambiar a parada escolar para Albarona, onde o/a monitor/a os esperará para acompañalos ó Centro Social. Deberán ser recollidos ás 19:30h polas familias no propio Centro Social.  Ofrecerase apoio escolar diariamente ós cativos que cursen Primaria ou ESO, e o programa desenvolverase dende o luns 5 de outubro de 2020 ó 28 de maio de 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por motivos organizativos, o prazo de inscrición será ata o 1 de outubro. Toda persoa interesada debe acudir a Servizos Sociais, onde obterá máis información.