Un total de 60 concellos implementan hoxe as medidas restritivas do Carballiño

As novas restricións entrarán en vigor dende a media noite de hoxe.

As medidas que presentou onte a Xunta supoñen un endurecemento das restricións a nivel galego. As medidas copiadas do sistema xa aplicado no Carballiño hai dúas semanas, e que conseguiron reverter a curva de contaxios, supoñen o peche perimetral e a limitación de toda actividade non esencial.

Dende as 00:00 horas do xoves, a limitación da mobilidade e de reunións unicamente de conviventes se aplica so no Carballiño. A partir das 00:00 horas desta madrugada, a limitación de mobilidade e de reunións, así como o peche de actividades non esenciais aplicarase tamén noutros 59 concellos galegos. Mantense a limitación da libre circulación de paersoas entre as 23:00 horas e as 06:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na nosa comarca, tamén é noticia que Boborás e O Irixo alixeiran as medidas, pasando a nivel 2 de alerta. Esto supón que recuperan a mobilidade, incluída ó Carballiño pero só por causas esenciais. A hostalaría poderá abrir con 50% de aforo interior e 75% de aforo en terraza pero sen servicio de barra. E ademais poden realizar reunións con persoas non conviventes, un máximo de 6.

Todas estas medidas estarán vixentes ata as 15:00 horas do 4 de decembro.

No Diario Oficial de Galicia, dende onte xa se contemplan as novas medidas impostas pola Xunta de Galicia. Vólvese permitir a apertura de ximnasios para a práctica deportiva, limitada ó uso individual ou de grupos de persoas conviventes. Tamén se habilita a actividade en instalacións deportivas así coma as de carácter cultural, no auditorio, teatro, cine ou actividades musicais e teatro, sempre cun aforo limitado para ambos casos.