O Ourenrock XS encheu a Insua de música esta fin de semana

O Festival Ourenrock Sound XS escolleu esta edición o escenario da Insual dos Poetas, no Carballiño, nun formato adaptado á pandemia que permite seguir desfrutando da boa música. Foron tres xornadas, ca actuación o venres do grupo Dakidarría, o sábado, con gran afluencia, con Iván Ferreiro, e o domingo con M-Clan.  

Esta ubicación estase a converter nun gran reclamo para a organización de eventos e concertos, pola súa amplitude para cumprir ca separación de persoas e pola riqueza cultural do seu entorno. Segundo a organización, o comportamento do público foi exemplar.