O Club Aehde acada unha meritoria 10ª posición no seu debut no Campionato de España de patinaxe artística

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Club Aehde O Carballiño continúa asinando unha tempada para enmarcar. Na súa primeira participación no Campionato de España de grupos show de patinaxe artística, na modalidade de grupos pequenos (ata 12 membros), a entidade obtivo un meritorio décimo posto competindo cos campions do mundo e as principais formacións da disciplina a nivel continental e universal.

O seu programa obtivo unha puntuación de 25,32 puntos, quedando moi preto de entidades cheas de historia como o CPA Olot, que lle antecedeu nunha clasificación onde Cunit, Tona e Figueres se levaron o podio. O Aehde, ademáis, foi o terceiro equipo galego por detrás de Condado e Brión, as dúas entidades cas que compartiu podio no Campionato Galego.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A próxima cita para o grupo de categoría Nacional do Club Aehde será o Trofeo Internacional de Alcoi, tamén coñecido como a Copa de España, o vindeiro 18 de abril. Dende O Club Aehde queren agradecer a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, que nos axudou a facer realidade a nosa presenza no Campionato de España

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------