Conferencia sobre Pepe Velo este xoves, día 5, na Casa de Curros en CELANOVA

Xosé Velo e o Galeuzca de 1959″

Conferencia do historiador XOSÉ ESTÉVEZ, profesor emérito da Universidade de Deusto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Día: xoves, 5 de agosto (*)

Hora: 20.00

Lugar: Casa de Curros. Rúa Curros Enríquez, 37. CELANOVA

Presentación a cargo de Xoán Carlos Domínguez Alberte, membro do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Intervención musical a cargo de Miguel Abalo e Sindo Otero, sobre un poema de Pepe Velo.

Antes da conferencia, o pintor BALDOMERO MOREIRAS presentará o cartaz que elaborou para a Homenaxe do 22 de setembro aos 7 milicianos asturianos fusilados e enterrados no cemiterio de Celanova en 1939.

(*) por unha alerta de covid, a conferencia non se puido celebrar o xoves anterior, día 29, como estaba previsto.