Miranda asiste á lectura da tese sobre o primeiro presidente da Casa de Galicia de Valladolid, Luis de Castro García

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta mañá, xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, á lectura da tese de Álvaro de Castro Palomares sobre o pensamento científico-humanístico do profesor Luis de Castro García (1912-1977), quen foi o primeiro presidente da Casa de Galicia de Valladolid.
A lectura da tese tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, a cargo de Álvaro de Castro Palomares, neto do propio doutor Luis de Castro. No estivo estiveron presentes tamén o director do estudo, Fernando Julio Ponte Hernando e o xerente do Complexo Hospitalario de Ourense, Felix Rubial, onde traballa o doutorando.

Publicidade