A Xunta adxudica as vivendas públicas creadas como barrio sostible en Cenlle

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou as chaves aos adxudicatarios das novas vivendas públicas construídas polo Goberno galego.

A Xunta destinou 1,1 millóns de euros para impulsar un novo barrio sostible e eficiente no concello de Cenlle.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo explicou a conselleira ás novas familias, cada inmoble -localizado nunha parcela de 430 m2– conta con 115 m2, distribuídos en tres dormitorios, cuarto de baño e aseo, salón cociña, vestíbulo e zona de lavandería; ademais dun aparcadoiro cuberto e unha zona de case 350 m2 para unha zona axardinada.

Ángeles Vázquez tamén felicitou ao alcalde, José Manuel Rodríguez, por apostar por este proxecto e colaborar no mesmo. Sinalou que este espazo está dotado dun novo parque público infantil, ademais de contar ao carón con outros servizos como un colexio e a piscina municipal, polo que é unha zona de referencia para a toda a veciñanza de Cenlle.