Un torneo de golf completa a programación da Festa do Pulpo

O sábado e o domingo, o Puzo do Lago acollerá un torneo de golf enmarcado dentro das actividades da Festa do Pulpo. Haberá en torno a 50 persoas por día, cunha modalidade de dúas voltas ó campo, que conta con 18 buratos. Os horarios serán o sábado ás 10:00 horas e ás 18:00 horas e o domingo ás 10:00 horas, con entrega de premios ás 13:00 horas. Os obsequios serán catro, para os tres primeiros handicap e para o scratch, e consiste en catro comidas para dúas persoas en restaurantes do Carballiño.

Publicidade