Este venres remata o prazo para a solicitude das axudas pola covid de Ribadavia

Este venres día 7 remata o prazo de 15 días para a presentación de solicitudes da liña de axudas pola covid ofertadas polo concello de Ribadavia. Despois de aprobar os orzamentos para o 2021, a administración aprobou unha liña de 30.000 euros para apoiar ós sectores máis afectados pola covid.

Dende o grupo de goberno aseguran que son unhas axudas nas que recibirán máis os que máis necesitados teñan e sen excluír a ninguén. Deste xeito puntuarase máis ós negocios con maior porcentaxe de perdas económicas polo peche, aluguer de local, número de empregados e cargas familiares. As bases completas poden consultarse na páxina web do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES