Acto en Ribadavia sobre o padre Samuel Eiján

Hoxe tivo lugar un acto en Ribadavia sobre o padre Samuel Eiján co seguinte programa

Samuel Eiján Lorenzo naceu  o 10 de maio de 1876 en San Clodio (Leiro, Ourense), tomou o hábito na orde franciscana en 1890, a súa ordenación sacerdotal foi en Lugo en 1899.

AVANTAR ACTIVIDADES

Fraysel xogo de palabras “fray” e das primeiras letras do seu nome completo foi o pseudónimo co que asinou varias das súas obras. Foi un prolífico escritor de comenzos do S. XX, tempos das lrmandades da FaJa e do galeguismo cristián.

Fr. Samuel Eiján cultivou a narrativa, o ensaio, o teatro e a poesía en castelán e en galego, foi un gran difusor da cultura con numerosos artigos en xornais e revistas, así como tradutor de obras italianas e francesas. Exerceu de bibliotecario provincial en Santiago. Director da revista da Provincia Seráfica de Santiago El Eco Franciscano en diferentes momentos de 1896 ata 1902, que o destinaron a Terra Santa, e entre 1908 e 1915 cando o nomearon superior de Ribadavia, onde permaneceu ata 1920, ó regreso de Terra Santa en 1938 volve dirixir El Eco Franciscano ata a súa morte en 1945.

En 1915 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e en 1941 numerario, en 1915 ingresou no Instituto Histórico do Minho en Portugal, en 1926 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos co discurso titulado “Franciscanismo literario en Galicia”.

Francisco Leira Castiñeira no estudo introdutorio da obra Poesía reunida de Samuel Eiján publicado en 2018 fala do “galeguismo “folclórico” de Samuel Eiján” engade “defende un galeguismo cultural, tinguido dun uso da tradición galega e tamén baseado nas ensenanzas franciscanas”.

Samuel Eijan foi un gran divulgador de temas cristiáns en libros, folletos, conferencias, e revistas populares, ademais da enorme capacidade de organizar iniciativas culturais. Leira Castiñeira ” O seu obxectivo era defender os dereitos do catolicismo, pero a través da cultura e o ensino”