RIBADAVIA PROGRAMA UNHAS LETRAS GALEGAS CON ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES DURANTE TODA A PONTE.
O Concello de Ribadavia celebrará o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe á escritora Xela Arias, programando diferentes actividades culturais, artísticas e de lectura durante toda a ponte.
O venres 14 terá lugar a inauguración da exposición arredor da escritora e da súa obra, exposición que terá lugar do 14 ao 21 na Alameda, e do 22 ao 30 de maio na Praza Buxán da Madalena.
o sábado 15 terá lugar un encontro coas escritoras Estíbaliz Espinosa, Malores Villanueva e Oriana Méndez entorno á figura de Xela e do estado actual da literatura galega e das mulleres escritoras.
O domingo 16 comezarán roteiro musical polas rúas de todo o municipio a cargo de Nordés- Gaiteiros de Gaiza. E pola tarde, teremos teatro infantil realizado por Anaquiños de Francelos.
O propio día 17 terá lugar a lectura da obra de Xela Arias por diferentes colectivos do Ribeiro, ademais de continuar co roteiro musical polas rúas de Ribadavia. Xa pola tarde está programa a obra de teatro RUNNING, na Casa da Cultura.
Así, celebración das Letras Galegas en Ribadavia comezarán xa o venres 15 de maio coa inaguración da exposición por parte do Concello, donde poderá visitarse ata o 30 de maio, e coa realización dun mural sobre as Letras Galegas.
Ademais, do 17 ao 23 de maio terá lugar a SEMANA DO LIBRO GALEGO, con descontos do 20% nas librerias de Ribadavia, GOYMA, FOLLAS NOVAS e MAFRANCH.
Un vizoso programa cultural e lúdico que o Concello de Ribadavia agarda e desexa dinamice e potencia estes días sinalados e festivos na nosa cultura e nas nosas letras, a pretende ser a nosa aportación desde Ribadavia como capital cultural á cultura e lingua galega.