O Carballiño rompe a tendencia á alza e baixa hoxe dous contaxios, ata os 118 casos activos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 148 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa dous contaxios, ata os 118 casos activos. Maside sobe ata os 13 casos. San Cristovo de Cea sobe ós 9 contaxios. O Irixo e Beariz contan con catro casos cada un deles. Boborás conta con tres casos activos. Piñor e San Amaro contan cun caso cada un deles. Punxín é o único libre de covid.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Ribeiro, Ribadavia sobe un casos ata os 39 contaxiados. Carballeda de Avia sobre dous contaxios ata os 14 casos activos. Melón mantén 12 casos activos. Cenlle sobe tres contaxios ata os 7 casos. Leiro mantén seis casos. Castrelo de Miño mantén catro casos. Cortegada e Beade contan con tres casos cada un. Avión con dous casos e Arnoia con un caso.

A comunidade galega rexistra hoxe 985 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 10.677. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 42 (+5) están en UCI e 218 (-1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 173 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.550 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 56 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------