O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada.
Efectuará o Saque de Honra, José Luis Sobrino, xogador que foi tanto de CD Arenteiro como do Bergantiños FC na década dos 80.
Ao acabar o partido, celebrarase no propio estadio ante a afección o ascenso do equipo.
Durante o sábado de 17:00h. h a 20:00 h e o domingo dende as 15:30 habilítase un stand nas propias instalacións de Espiñedo para despachar ao prezo de 5 euros camisetas conmemorativas do ascenso de categoría, ata fin de existencias.
Motivado pola situación sanitaria, non se fará celebración pública en ningún espazo que non sexa o propio estadio.