A reforma dos límites de velocidade afectará a numerosas vías do Carballiño

Hoxe entra en vigor a reforma legal que limita a velocidade de circulación xenérica en vías urbanas. No Carballiño, as moficiación afectarán a numerosas zonas, case na totalidade da vila.  A nova normativa establece os límites de velocidade xenéricos en zona urbana a 20 km/ h en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa.

Publicidade

Deberán pasar a 30 km/h as vías dun único carril por sentido de circulación, fronte aos anteriores 50 km/h.

E pasarán a 50 km/h as vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación, afectando no Carballiño so a medio tramo da Avenida 25 de xullo.

Polo de agora, no Carballiño non poderán entrar en vigor ata que as administracións competentes remitan a sinalización e sexa colocada, polo que as sancións aínda non serán efectivas.

O obxectivo é reducir a accidentalidade vial, sobre todo a que afecta aos colectivos máis vulnerables (peóns, ciclistas e motoristas); garantir a fluidez dos desprazamentos e reducir o impacto negativo da circulación de vehículos na calidade do aire das cidades.