A xerente do Inorde presenta os grandes referentes do patrimonio termal romano ourensán na xornada previa á Asemblea da EHTTA

Asamblea da EHTTA en SAo Pedro do Sul (Portugal). Asisiten Manuel Baltar (Presidente da EHTTA), Paul Simons (Presidente do Comité Científico da EHTTA), Mario Crecete (VicePresidente do Comité Científico da EHTTA), Pedro Mouro (VicePresidente do Municipio de Sao Pedro do Sul), Emma González (Xerente do INORDE); Stephen Bird (Responsable Servizos de Patrimonio de Baht), Lise Augustine (Dourtoa en arqueoloxia), Carmen Germá Vila; Diego Lourenzo Moura (Tenente de Alcalde do Concello de Verín) e Lorenzo Lucchinni (Presidende do Municiipo de Sao Pedro do Sul).
IES CHAMOSO LAMAS

Emma González, participou hoxe, xunto a relatores de diferentes destinos termais de referencia, en “Café of Europe: Aquae urbesque condunt”, que se está a celebrar nas termas de São Pedro do Sul, no marco da programación organizada pola Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa

A xerente do Inorde presentou os grandes referentes do patrimonio termal romano da provincia de Ourense en “Café of Europe: Aquae urbesque condunt”, que organiza a Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa (EHTTA) como xornada previa á celebración da súa Asemblea que presidirá Manuel Baltar, como presidente de dita Asociación.

HIPER MASIDE
Asamblea da EHTTA en SAo Pedro do Sul (Portugal). Asisiten Manuel Baltar (Presidente da EHTTA), Paul Simons (Presidente do Comité Científico da EHTTA), Mario Crecete (VicePresidente do Comité Científico da EHTTA), Pedro Mouro (VicePresidente do Municipio de Sao Pedro do Sul), Emma González (Xerente do INORDE); Stephen Bird (Responsable Servizos de Patrimonio de Baht), Lise Augustine (Dourtoa en arqueoloxia), Carmen Germá Vila; Diego Lourenzo Moura (Tenente de Alcalde do Concello de Verín) e Lorenzo Lucchinni (Presidende do Municiipo de Sao Pedro do Sul).

A xornada, na que participaron relatores de diferentes destinos termais de referencia como Reino Unido, Portugal, Francia, Italia e España, celebrouse nas Termas de São Pedro do Sul, en Portugal. Entre os asistentes estivo o presidente das Termas São Pedro do Sul e da Asociación de Termas de Portugal, Victor Leal, entre outros.

A temática da sesión, que se celebrou esta tarde, xirou ao redor das cidades romanas que se fundaron entorno á auga termal. A xerente do Inorde, como relatora da xornada, falou dos tres referentes ourensáns: dos vestixios romanos, do legado romano e do termalismo, “máis importantes que temos no noso territorio”, sinalou Emma González.

“Por un lado, o da cidade de Ourense no entorno das Burgas, co Centro de Interpretación Termal, e os restos arqueolóxicos, e a actual dinamización a través da piscina termal das Burgas e, por outro lado, o eixe da Vía Nova que atopa no Aquis Querquennis de Bande o referente máis importante. Así mesmo, temos tamén vestixios termais ligados á época romana no Aquis Originis de Lobios, onde ademais, hai unha importante explotación termal ao contar cun balneario, no entorno do Parque Reserva da Biosfera”, salientou Emma González.