O FETEGA anuncia outro curso de improvisación para actores

“LONG FORM IMPRO PARA ACTRICES E ACTORES” estará impartido por Antón Coucheiro e celebrarse o sábado 29 e domingo 30 de agosto, dende as 11:00 ata as 14:00 horas e dende as 16:00 ata as 19:00 horas.

Contará unha formación virtual, realizada na Sala Virtual FETEGA e terá unha duración de 12 horas. O número de prazas dispoñibles é de 18 e a mat´ricula ten un custo de 50 euros por persoa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para anotarse, debe cubrirse un formulario na súa páxina web. Unha vez feito o participante recibirá un correo de confirmación cos pasos a seguir. Darase prioridade de aceptación por orde de recepción do importe da matrícula, que está aberta ata o día 25 ás 15:00 horas.

Este curso está orientado para actrices e actores profesionais e para improvisadoras con experiencia, que queiran experimentar co long form, os formatos longos da impro, máis teatrais. Traballaremos cos formatos Improvisacións Mínimas, de Sergio Paris e a compañía Ketó (Perú), Qué pasa con X, de Complot Escena (México), así como nos protocolos propostos por Sanchis Sinisterra. Co inicio do curso entregarase material bibliográfico, conceptual e audiovisual, e ao final faremos unha presentación en público.

O obradoiro poderase complementar co obradoiro anterior de “ABC DA IMPRO” e posterior de “IMPRO ONLINE” (este último de balde para quen asistira aos dous obradoiros anteriores).