A próxima semana abriranse as pistas de tenis e pádel para a práctica destes deportes

Publicidade ASPADISI

A área de Deportes do concello do Carballiño abrirá a próxima semana as pistas polideportivas para a práctica do pádel e do tenis, anexas ao pavillón Paco Chao.

Por este motivo, a partir do luns, 1 de xuño, poderanse solicitar quendas para o uso destas pistas. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono do concello (988 530007), en horario de mañá, de 09,00 a 14,00 h., de luns a venres, agás festivos, onde poderán facer as súas reservas para xogar.

HIPER MASIDE