O centro educativo de Leiro rende homenaxe a Emilia Pardo Bazán

Os alumnos e profesores do centro educativo de Leiro puxeron en marcha unha iniciativa para render homenaxe a Emilia Pardo Bazán con motivo do centenario do seu pasamento. Ademais, este centro leva o nome da escritora, polo que a homenaxe foi dobre. O proxecto que realizaron consiste na creación dun puzzle xigante que montaron logo no patio. A idea inicial era facer esta actividade o propio día do aniversario, que foi o pasado mércores, pero a causa da choiva tiveron que aprazalo á xornada de hoxe.

Publicidade

A continuación deixamos algunhas imaxes de cal foi o resultado final e o proceso.