Hoxe temos un caso activo por covid máis no Carballiño para un total de oito. Seguimos nunha traxectoria de sube-baixa

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 11. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, aínda que xa non é o único concello con casos activos.

Publicidade

O Carballiño rexistra hoxe 8 positivos, un máis ca na xornada de onte. San Amaro, Boborás e O Irixo contan cun caso activo cada un.

E os demais concellos, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR COVID DESDE OUTUBRO: