O PSOE leva ó Parlamento a redución da desinfección no Servizo Público de Emprego de Ourense

Publicidade ASPADISI

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez, vén de presentar no Parlamento unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que recupere o servizo de limpeza e desinfección na quenda de media mañá no Servizo Público de Emprego de Ourense. Rodríguez alerta de que o servizo foi suprimido só nesta provincia de forma discrecional e sen contar con ningunha explicación.

A parlamentaria ourensá sinala que esta situación “está a xerar malestar dentro do persoal coa situación xerada, tanto pola discriminación como pola repercusión que poida derivar en materia de saúde laboral”. Lembra que este servizo de desinfección preventiva, implantado como consecuencia da recuperación da atención presencial, foi suprimido o pasado 18 de maio en contra do criterio do resto das oficinas de Galicia e sen dar a coñecer o motivo.

Carmen Rodríguez Dacosta reclámalle á Xunta que recupere o servizo adicional de limpeza e desinfección de media mañá posto en marcha debido á covid – 19, tras a recuperación da atención presencial nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia en Ourense “nos mesmos parámetros que nas demais provincias galegas”.

Publicidade Premer na Imaxe