O pasado mércores a asociación colocaba esta pancarta na estación de tren do Carballiño, como símbolo das súas reclamacións. Hoxe informaron de que ó día seguinte a pancarta xa non se atopaba nesa ubicación.
A conclusión que sacan dende o grupo é que hai diversas persoas ou entes que non están dispostas a cambiar a situación actual do transporte público do Carballiño. Definen este acto coma “vergoñento” e aseguran que seguirán loitando polos intereses do Carballiño.