Accidente dun motorista na rotonda da Avda de Pontevedra

Mobilizado o Servizo municipal de emerxencias ás 13:12 horas por un accidente de tráfico con ferido na rotonda do pulpo, na Avenida de Pontevedra.

Tratábase dunha caída dun motorista, por sorte non foi precisa a intervención do Servizo, sendo que o ferido foi trasladado a urxencias por unha ambulancia do 061.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mobilizados: Servizo municipal de emerxencias Policía local do Carballiño 061 Urxencias sanitarias