O Club Ciclista Carballiño participa na Mini BTT de Esmelle

Onte domingo o Club Ciclista Carballiño participou nunha nova xornada de Mini BTT, desprazándose ata Esmelle (Ferrol) para disputar o VI MINI BTT VAL DE ESMELLE. En categoría infantil, Marcos Rodríguez acadaba un espectacular 3° posto, nunha carreira que se decidía nos metros finais. E en categoría Principiante A, Teo Pérez remataba no 23° posto.

Publicidade