Dende o 1 de xuño poden solicitarse as axudas sociais en Ribadavia

As persoas beneficiarias cobrarán unha axuda durante 6 meses para gastos de vivenda, vestimenta, alimentación e necesidades básicas. As solicitudes deberán presentarse dende o día 1 de xuño por vía telemática, a través da sede electrónica, ou de forma presencial no departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro.

Publicidade

O Concello ten previsto que esta axuda se estableza de maneira permanente coma un dereito social para aqueles veciños empadroados que máis necesidade teñen.

O Concello ten unha partida de 20.000 euros. A poboación destinataria estimada será como mínimo de 40 persoas. As familias dun membro recibirán 50 euros por mes; as de dous membros, 100 euros por mes; as de tres membros, 160 euros por mes e as de catro membros ou máis, 200 euros por mes.