O comité clínico decide hoxe ampliar o número de persoas para as reunións sociais

O comité clínico da Xunta que analiza a evolución da pandemia en Galicia reúnese de novo esta tarde con previsión de facer cambios nas medidas vixentes. Mañá, en rolda de prensa, comunicaranse as decisións tomadas durante a tarde de hoxe.

O comité estuda un posible alivio nas restricións, entre elas relaxar o límite de persoas permitidas en reunións tanto en interiores coma exteriores e as medidas que rexen o ocio ó aire libre. Tamén estará sobre a mesa a relaxación do uso da máscara en determinados contextos, aínda que o comité non prevé amosarse a favor.

AVANTAR ACTIVIDADES