Manuel Baltar visita a sede do Consello Regulador do Ribeiro

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) a nova sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro en Ribadavia. Acompañan ó Presidenta Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), Juan Gándara Casares (Presidenta da DO Riberio) e Luis Vázquez Barredo (Xerente da DO Ribeiro).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe en Ribadavia a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Ribeiro, acompañado polo vicepresidente da institución provincial e deputado para asuntos do Ribeiro, César Fernández, xuntanza na que analizaron co presidente do consello, Juan Manuel Casares, aspectos económicos, de organización e promoción dos produtos vitivinícolas do Ribeiro, “unha marca de garantía, calidade e recoñecido prestixio no ámbito agroalimentario que fala dunha comarca que non só e viño senón tamén a mellor postal de Ourense, unindo termalismo, gastronomía, paisaxe, medio ambiente e patrimonio”, expresou Baltar. 

O presidente do goberno provincial afirmou que a Deputación de Ourense “colabora e coopera con todas as iniciativas que propón o consello regulador por medio do seu presidente, achegando apoio económico como reflicten as axudas concedidas recentemente pola Deputación, por un importe total de 75.000 euros, destinadas á mellora e dixitalización de proxectos; xestión de certificación produto; actualización do rexistro vitícola e para o plan de formación do persoal, ademais de 15.000 euros para a asociación cultural “Ruta do Viño do Ribeiro”, para proxectos e gastos de funcionamento”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

“O Ribeiro é un dos mellores embaixadores da nosa terra tamén no ámbito cultural”, dixo Manuel Baltar, lembrando o éxito de público e crítica que está tendo a película Cuñados, na cal tanto o consello regulador como a Deputación “patrocinamos e colaboramos para facer realidade este proxecto audiovisual rodado integramente en Ourense e que pon en valor ao noso territorio, ao viño do Ribeiro e a súa contorna”, salientou Baltar. “Desde o goberno provincial seguiremos colaborando co consello regulador do Ribeiro porque cremos no prestixio e no traballo desta entidade e de produtores, adegas e de todo o sector vitivinícola desta contorna”, remarcou. 

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) a nova sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro en Ribadavia. Acompañan ó Presidenta Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), Juan Gándara Casares (Presidenta da DO Riberio) e Luis Vázquez Barredo (Xerente da DO Ribeiro).