O Bng traslada ao pleno da deputación de Ourense a oposición á implatación dunha universidade privada en Galiza

A organización nacionalista considera innecesaria a universidade privada de ABANCA calificada negativamente polo Consello Económico Social da Xunta, que duplica titulacións,  presenta un proxecto con graves deficiencias e que non fai máis que afondar nas desigualdades socias.

Publicidade

Bernardo Varela manifestou ante os medios a oposición do BNG  á universidade privada e a intención do BNG de concitar o apoio da corporación provincial para que este manifeste a súa oposición a unha Universidade elitista, innecesaria e contraproducente para os intereses e necesidades da sociedade galega e por ende da Ourensá, como é unha universidade privada en Galiza.

Desde finais de 2018 coñecemos os plans da fundación ABANCA para impulsar a creación dunha universidade privada en Galiza, sinala o voceiro do grupo provincial do BNG. Este é un proxecto de universidade para as élites sociais, pois establece uns condicionantes económicos para o acceso á estas titulacións que impiden o acceso ás clases populares. “Estamos ante unha universidade que impide a cohesión, que non obedece ao interese xeral da sociedade galega e que emprega a educación superior como unha mercadoría coa que facer negocio.”

 As institución públicas, e a Deputación en particular, indica Varela,  deben ser garante do esino para todos.  Así  os nacionalistas consideran necesario que a deputación manifeste a súa aposta firme e decidida pola Universidade Pública e esixa o reforzamento do Campus de Ourense. Garantindo os actuais Graos e Mestrados e a implantación (dunha vez) dos xa comprometidos, cunha dotación orzamentaria suficiente para garantir a súa competitividade, ó tempo que se estuda a incorporación de novas titulacións que amplíen e complementen a oferta do Campus Ourensán. E como primeiro paso para elo é a ampliación do número de titulacións do Sistema Universitario de Galicia e das prazas públicas nas titulacións máis demandadas.

 “Unha universidade pública que debe contar ademais co financiamento necesario para, por unha banda, garantir o dereito fundamental á educación superior das galegas e galegos e, pola outra para constituírse como motor de cohesión social, de investigación e de desenvolvemento dos nosos sectores produtivos” declara Varela, polo que demadaremos que se actualice o plan de financiamento prorrogado co que contan as universidades galegas e que dificulta o seu desenvolvemento, nun intre como o actual en que o coñecemento se ten identificado dun xeito tan singular como a principal fonte de vida e futuro dos pobos. E sobre todo que en  ningún caso se destine recurso público algún á universidade privada dun banco ao que xa se lle agasallaron os aforros dos galegos e galegas e mesmo a xestión dos fondos Next Generation. Xa que por lóxica esto iría en detrimento dos fondos dispoñibles para o Campus de Ourense.