Rescatan a unha muller cun tobillo roto nas pozas de Melón

Ás 13:20 horas, o 112 alerta dunha persoa cun tobillo roto nas Mestas, nas pozas de Melón. Trátase dunha muller de entre os 40 e 50 anos de idade, que tras ser rescatada foi desprazada ata o centro médico de Povisa, en Vigo.

Ata o lugar desprazáronse o GES de Ribadavia, os bombeiros do parque do Carballiño-O Ribeiro,061 e Garda Civil.

AVANTAR ACTIVIDADES