O sábado o Club Ciclista Carballiño estivo en Cambre (A Coruña), participando no XX GP XCO CONCELLO DE CAMBRE, organizado polo Club Ciclista Cambre-Caeiro, na proba pertencente á Copa de Galicia de XCO.
En categoría cadete, Alex García remataba en 5º lugar e Manuel Panadeiros en 34º lugar. En categoría junior, Miguel Panadeiros remataba en 16º lugar.