O campus de verán do Club de Patinaxe Aehde abre o prazo de inscrición

O Club Patinaxe Aehde O Carballiño organiza un ano máis o seu Campus de Verán de patinaxe. Será no mes de xullo e dividido en dúas quendas: do 5 ó 16 a primeira e do 19 ó 30 a segunda. A diferencia dos anos anteriores, o campus amplía unha hora o seu horario normal e irá dende as nove da mañá ata as dúas da tarde co fin de facilitar a conciliación no posible ás familias.

O evento está aberto a todo o mundo, con independencia no nivel de patinaxe, e trátase dunha actividade que vai máis aló da práctica dun deporte, senón que inclúe obradoiros, xogos, piscinas, actividades de natureza e moitas cousas máis. Os monitores e monitoras da actividade teñen a súa correspondente titulación e tamén participarán as adestradoras das diferentes seccións do club.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por normativa covid-19, o club ten o seu propio protocolo ó respecto, o Campus farase en grupos reducidos e para inscribirse os interesados deben chamar ós teléfonos 611 004325 ou 687 687311, contactar co club a través do correo info@aehde.com, nas súas redes sociais ou achegarse os martes ou os xoves en horarios de adestramentos (entre as seis e as dez da noite) ao IES número 1 do Carballiño.