O FETEGA comeza ca súa programación cun obradoiro o día 14 de xuño

A primeira actividade que prepara o Festival de Teatro Galego do Carballiño terá lugar o sábado 14 e o domingo 15 na sala virtual do FETEGA, de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Trátase dun obradoiro de marca persoal en redes sociais para artistas e estará impartido por Gala Martínez-Romero Martín. O prazo de inscrición está aberto ata o día 11 de xuño e ofrécense un total de 16 prazas. Para inscribirse so será necesario cubrir o formulario dispoñible nas páxinas oficiais do FETEGA.

Publicidade